Que somos?
Eztabaida / Debate: é un proxecto colectivo para a creación dun arquivo audiovisual de libre acceso, de participación aberta e sen ánimo de lucro. O seu obxectivo é a difusión, o estudo e a custodia das verdades actuais e históricas desde unha perspectiva marxista de clase con conciencia nacional aberta tamén a outras interpretacións e visións.
Cremos na importancia de salvagardar a memoria colectiva desde un enfoque comprometido coa loita de clases.
Que facemos?
Ocupámonos da creación, recollida, almacenamento, categorización e difusión de todo material audiovisual que recolla a verdade e a súa interpretación cando esta teña un interese social, crítico ou diferencial. Facemos tamén énfase na conservación do material en perigo de desaparición xa sexa porque non se publicou anteriormente ou porque a súa custodia estea en mans de organizacións ou individuos que non se poidan facer cargo do material.