Que somos?

Eztabaida / Debate: é un proxecto colectivo para a creación dun arquivo audiovisual de libre acceso, de participación aberta e sen ánimo de lucro. O seu obxectivo é a difusión, o estudo e a custodia das verdades actuais e históricas desde unha perspectiva marxista de clase con conciencia nacional aberta tamén a outras interpretacións e visións.

Cremos na importancia de salvagardar a memoria colectiva desde un enfoque comprometido coa loita de clases.

Que facemos?

Ocupámonos da creación, recollida, almacenamento, categorización e difusión de todo material audiovisual que recolla a verdade e a súa interpretación cando esta teña un interese social, crítico ou diferencial. Facemos tamén énfase na conservación do material en perigo de desaparición xa sexa porque non se publicou anteriormente ou porque a súa custodia estea en mans de organizacións ou individuos que non se poidan facer cargo do material.

Cual é o noso ámbito de actuación?

Pola nosa forma orgánica, o noso principal ámbito de actuación é o conxunto de nacións e pobos que hoxe conforman o estado Español aínda que non nos limitamos unicamente á recollida de material desta xeografía senón que estamos abertos a dispor da nosa plataforma para outras xeografías ou circunstancias.

A quen vai dirixido?

A calquera individuo, a escolas de formación e a canles de difusión política cando estes busquen material audiovisual para calquera uso dentro e fóra do ámbito de actuación.

Non hai restrición, se o material che resulta útil, é para ti.

Que principios rexen as nosas decisións?

Consideramos a Eztabaida / Debate un espazo para a libre distribución e participación aberta a todas as correntes con conciencia de clase con independencia dos seus ámbitos e métodos de loita; o noso fundamento é dar a palabra, engadir a imaxe e proxectar o Debate.

Por isto, os nosos principios son:

  1. Independencia orgánica.
  2. Pluralidade no enfoque revolucionario.
  3. Acceso libre: cremos no coñecemento como ben común e non como mercancía.
  4. Compromiso coa memoria: intentamos rescatar o esquecido ou silenciado para que non se perda.