Andrés Piqueras é profesor sénior da Universidade Jaume I de Castelló. Obtivo o Premio Nacional de Investigación “Marqués de Lozoya”, do Ministerio de Cultura español, pola investigación La trama de la identidad en el País Valenciano. Un estudio de identidades colectivas (1994), da que sairía o seu libro La identidad valenciana. La difícil construcción de una identidad colectiva (1996).
A súa liña de investigación foi a Mundialización, novas identidades e suxeitos colectivos. En relación a ela realizou numerosas publicacións sobre identidade e sobre a construción de suxeitos nas sociedades tardocapitalistas, con traballo de campo en Europa, América Latina e África.
Foi director de cursos de doutoramento sobre estes temas e de másters sobre Desenvolvemento, dirixindo unha obra ao respecto: Desarrollo y cooperación: un análisis crítico (2008). En 2004 creou o Observatorio Permanente da Inmigración na Universidade de Castelló, dirixindo durante 4 anos investigacións e varias publicacións sobre os procesos migratorios.
Entre 2008 e 2025 participou como investigador no Observatorio Internacional da Crise (OIC), co que realizou diferentes publicacións, conferencias e seminarios en diversos países de América Latina e Europa.
Entre os seus libros destacan El colapso de la globalización. La humanidad frente a la Gran Transición (2011), Claves para construir el socialismo en el Siglo XXI. II Curso de verano de la Academia de Pensamiento Crítico (2014), La opción reformista: entre el despotismo y la revolución (2014), Capitalismo mutante. Crisis y lucha social en un sistema en degeneración (2015), La tragedia de nuestro tiempo. La destrucción de la sociedad y la naturaleza por el capital. Análisis de la fase actual del capitalismo. (2017) e Las sociedades de las personas sin valor (2018). De la decadencia de la política en el capitalismo terminal (2022). Capitalismo de muerte (2026).
Entradas
-
A idiosincrasia bélica do capitalismo
(December 4, 2025)